[es_norte] Fwd: [gdx] Información sobre vulnerabilidade e mapeo colaborativo

Previous Topic Next Topic
 
classic Classic list List threaded Threaded
1 message Options
Reply | Threaded
Open this post in threaded view
|

[es_norte] Fwd: [gdx] Información sobre vulnerabilidade e mapeo colaborativo

ginetto
---------- Forwarded message ----------
From: "Saramaganta.info" <[hidden email]>
Date: 11 Apr 2014 08:43
Subject: [gdx] Información sobre vulnerabilidade e mapeo colaborativo
To:
Cc:

Benquerida usuaria.

Posto que dende a última xa hai algún tempo que non falabamos, poñémonos hoxe en contacto contigo para comentarche que nesta última semana as administradoras de sistemas de TODA Internet andivemos moi atarefadas por mor dunha grave vulnerabilidade atopada nas librerías OpenSSL, sendo que unha enorme parte dos servidores que empregan este software -estímase que sobre un 60% do total na Rede- están agora mesmo con serias dificultades derivadas delo.

Ao marxe doutras consideracións sobre a seguridade dixital global, podemos afirmar que a nosa esbaradía Saramaganta está fóra de perigo en canto a esto, xa que logo a versión da librería que empregamos non está entre as afectadas. Con todo e por simple precaución pensamos levar a cabo en breve unha actualización dalgúns dos nosos certificados SSL como por exemplo o de correo. Notarás pois que ao acceder ao mail ou a determiñadas webs terás que aceptar de novo o correspondente certificado autoasinado de Saramaganta (1); non é nada grave pero conviña avisar.

Doutra banda, queriámosvos anunciar que no departamento I+D de Saramaganta temos implementado nos últimos meses un avanzado servizo de mapeo colaborativo que tedes acó:

 https://maps.saramaganta.info
 
baseado no potente software Ushahidi do que mesmo fixemos a traducción ao galego. Dado que se topa en fase beta precisamos beta-testers para poñer a proba o seu funcionamento e as súas capacidades, así que se te animas a xeolocalizar algo do teu interese e pasarnos algún informe
sobre o seu funcionamento e posibles milloras, estaremos encantadas en botarche unha man no que precises.

Tamén queiramos agradecervos a tódalas que tedes colaborado nestes meses aportando donacións e especias varias; sen a vosa implicación este proxecto non podería existir. Obrigadas!

Quedamos pois á túa disposición para calquera outra cousa.
    
Un bico agarimoso



(1) para as máis priocupadas por cuestións de seguridade, tentaremos ofrecer pronto algún método adicional para garantir a integridade dos nosos certificados, se ben ao marxen das mafias de certificación que manexan actualmente esta cuestión.

--



_______________________________________________
Lista de correo do Grupo_de_xogos : [hidden email]
Xestiona a túa subscrición á lista: https://listas.corunha.info/cgi-bin/mailman/listinfo/grupo_de_xogos
Folla de cálculo compartida: http://www.editgrid.com/user/buzonete/grupo_de_xogos_csoa_palavea ( contrasinal: xogandovou)
Blog do grupo: http://grupoxogos.tk
Espazo na nube:https://nube.saramaganta.info (user: grupoxogos contrasinal: uOTxCoF656UYxVkU)


_______________________________________________
es_norte mailing list
http://lists.osgeo.org/mailman/listinfo/es_norte
http://galicia.geoinquietos.org
http://twitter.com/xeoinquedos